Empresas e comercios ofrecen descontos aos sector hostaleiro mentres dure o peche
Publicado o 05/02/2021 22:13
Cinco anos leva Antonio á fronte da súa empresa de alquiler de vehículos industriais, servizo que agora ofrece de balde para os hostaleiros da asociación de empresarios da que é socio. Para o resto o desconto é do 25 %.
No seu estudo Alejandro e Jessica tamén rebaixan tarifas para hostaleiros de toda Galicia. Ata un 20% en reformas ou pequenas obras.
No caso de Diego os descontos son para os hostaleiros de precisen mobiliario para os seus locais.
Tamén hai outros servizos como xestorías ou propietarios que rebaixan tarifas e alugueres á hostalería poñendo así o seu gran de area para axudar o sector.
Xestos solidarios que manterán mentres a hostalaría permaneza pechada pola pandemia.