CRTVG

Buscar

Empresarios de Sarria piden que se tomen medidas polos roubos que sofren

Publicado o 29/10/2019 15:19

Un roubo tras outro é o día a día dos comerciantes de Sarria. Na última semana os ladróns entraron na gasolineira e tamén nesta tenda de móbiles, onde levaron un botín cun valor duns 16.000 euros.

Pero non son os únicos afectados, no últimos mes uns dez comercios foron visitados polos amigos do alleo.

Con este panorama, os empresarios de Sarria uníronse para reclamaren vixilancia policial nocturna.

Para facer fronte aos roubos, os comerciantes tamén están valorando contratar vixilancia privada polas noites.

Noticias web

29/10/2019