CRTVG

Buscar

Empréndea a pedradas contra unha oficina de Naturgy en Vigo pola súa factura

Publicado o 31/08/2021 16:38
Empréndea a pedradas contra unha oficina de Naturgy en Vigo pola súa factura
EFE

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron un home de 54 anos, nacido en Lleida, que a emprendeu a pedradas contra a cristaleira dunha oficina da compañía de luz e gas Naturgy en Vigo, descontento co importe da factura da electricidade, de acordo ás súas propias palabras.

Segundo informaron fontes policiais este martes, os feitos ocorreron sobre as sete da tarde do pasado día 26 de agosto fronte á oficina de Naturgy situada na rúa López Moura. Tras recibir esta información, a policía enviou unha patrulla, que identificou o cliente descontento, resultando ser  J. S.  F., quen recoñeceu os feitos.

Segundo explicou, tirara as pedras porque lle chegaba unha factura da luz moi elevada e estaba moi anoxado. Engadiu que pensara niso a véspera, pero que non se atreveu, aínda que o día dos feitos xa "non fora capaz de conterse".

Os axentes identifican posteriormente o responsable da empresa para informarlle dos feitos sucedidos e poñer no seu coñecemento que o causante dos danos fora plenamente identificado, manifestando este a súa intención de interpoñer a correspondente denuncia. 

Noticias web

31/08/2021