Empregarán uns potentes guindastres para reflotar o Baffin Bay no porto de Vigo
Publicado o 04/12/2020 21:08
O proceso de reflote do Baffin Bay non será fácil nin rápido, segundo manifestou o Porto de Vigo. O buque conserva aínda arredor de 250 metros cúbicos de combustible no seu interior. Os mergulladores realizaron inspeccións con cámaras e non houbo fuga de gasóleo.
Os técnicos constataron que non se filtrou combustible fora do perímetro acordoado e pola tarde instalaron unha nova barreira de control, e con ela xa son catro as despregadas.
Haberá que endereitar o barco o máximo posible e cuns potentes guindastres poñelo vertical para comezar a achicar a auga e que reflote o barco. O plan teno que presentar o armador do Baffin Bay, algo que se realizará nos próximos días.