CRTVG

Buscar

Empregan esporas nun proxecto de investigación para previr as pragas de fungos nas vides

Publicado o 15/06/2020 14:40

Un proxecto de investigación compartido por varias comunidades autónomas, universidades e empresas do sector do viño está a empregar as esporas para previr as pragas de fungos nas vides. E é que este é un dos principais problemas aos que se enfrontan os viticultores.

O proxecto estase a desenvolver en oito parcelas das denominacións de orixe Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira do Douro e neste viñedo de Viña Costeira, no Ribeiro. Para conseguilo comezaron a instalar, ademais dunha estación meteorolóxica, un captador de esporas para detertar a súa presenza no ambiente e poder predicir se se vai producir un ataque nas vides. O obxectivo desta investigación é poder minimizar os tratamentos fitosanitarios que aplican e así reducir os custos de produción, para que conseguir que as plantacións de viñedos sexan máis sostibles. 

O mildio, o oídio ou a botrite son as principais enfermidades funxicidas ás que se enfrontan cada ano os viticultores. Para que os tratamentos fitosanitarios sexan máis eficaces, o proxecto Viticast xa está en marcha neste viñedo do Ribeiro. O captador de esporas e os datos dunha estación meteorolóxica permitirán responder mellor aos ataques.

Temperaturas suaves e humidadede favorecen o desenvolvemento dos fungos. 

Reducir custos de produción e unha viticultura máis sotible é o que persegue este proxecto de investigación en que participan adegas, asociacións de colleiteiros, empresas e as universidades galegas de Santiago e Vigo, xunto ás denominación de orixe Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira do Douro e O Ribeiro. 

 

 

Noticias web

15/06/2020