CRTVG

Buscar

Empeza a tramitación da lei trans no Congreso

Publicado o 18/05/2021 09:06
Empeza a tramitación da lei trans no Congreso

O pleno do Congreso debate esta tarde unha proposición de lei trans impulsado por Esquerra Republicana de Catalunya, Junts per Cat, Más País, a CUP, Compromís e Nueva Canaria. O grupo socialista decidiu facilitar o inicio da tramitación desta lei, que é moi parecida á iniciativa do Ministerio de Igualdade para que a transexualidade deixe de ser considerada unha enfermidade e se permita a autodeterminación de xénero.

A que se vai debater recolle que modificar a mención do sexo no rexistro non precise de máis requisitos que a declaración expresa da persoa interesada ou dos seus representantes legais, indicando o nome propio e o sexo co que se sente identificada.

Noticias web

18/05/2021