Empeza a funcionar o 017, unha liña de axuda sobre seguridade en Internet
Empeza a funcionar unha nova liña de axuda teléfonica, 017. Pódese chamar a ese número para resolver calquera dúbida relativa á seguridade ou malos usos na Rede. O Instituto Nacional de Ciberseguridade presentou o novo servizo coincidindo coa celebración do Día de Internet Segura. A nova liña telefónica de axuda non ten custe ningún para quen chame e está dispoñible desde hoxe en horario de 9 da mañá a 9 da noite, todos os días do ano, incluídas as fins de semana.
A secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, explicou no acto de presentación que o 017 centralizará todos os servizos de atención telefónica do INCIBE.
"Calquera persona que teña dúbidas respecto a Internet ou ás novas tecnoloxías vainas poder resolver a través dun equipo de profesionais que atenderá a su llamada", sinalou. Dixo tamén que agardan que a liña se converta "en referencia para todos os usuarios, de maneira que a ciberseguridade forme parte da vida cotiá".
En relación cos menores, Carme Artigas precisou que a través desta líña telefónica se poderá recibir información sobre privacidade, protección ante virus ou sobre preocupacións relacionadas co uso excesivo de Internet entre os máis novos.
Así mesmo, destacou que o 017 "acompañará na loita" contra prácticas de risco coma o sexting, o ciberacoso escolar ou o grooming. Para iso, dispón dun equipo especializado de psicólogos e educadores.