CRTVG

Buscar

Empate técnico nas eleccións no Uruguai

Publicado o 25/11/2019 17:55

Empate técnico entre os dous principais competidores nas eleccións presidenciais celebradas onte no Uruguai.

Luis Lacalle, do dereititsta Partido Nacional, superou por 28.000 votos a Daniel Martínez, da esquerdista Fronte Ampla. Pero faltan por contar as 35.000 papeletas dos uruguaios que votaron en colexios electorais distintos dos que lles tocaba. A Corte Electoral di que non poderá proclamar vencedor ata o xoves ou o venres.

Noticias web

25/11/2019