CRTVG

Buscar

Empate sen goles entre o Deportivo e o Castela de Raúl González

Publicado o 15/08/2021 21:30

Raúl González foi o principal reclamo dun Real Madrid Castela que compartirá categoría, que non grupo, co novo Deportivo. Unha proba na que Borja Jiménez apostou por dous xuvenís no equipo titular. Trilli no lateral dereito e Noel como dianteiro centro. E un partido no que Juan Carlos Menudo, co número dez, levou o peso do ataque deportivista. A primeira parte foi de clara cor branca e azul. Manexou o encontro con soltura, desenvolveu un fútbol rápido pero faltoulle pegada en ataque. Ademáis de Menudo boa parte do perigo chegou desde a banda esquerda co lateral Diego Aguirre.
A segunda metade foi a dos trocos. Menos ritmo e menos oportunidades. Arribas avisou para o Real Madrid e o Dépor tivo unha gran ocasión nun remate de cabeza do central Lapeña.
Empate sen goles e quince días para que os de Borja Jiménez apuren a preparación para chegar en forma ao primeiro partido oficial.

Noticias web

15/08/2021