CRTVG

Buscar

Emotivo agasallo de dous pequenos aos rastrexadores da Brilat

Publicado o 17/02/2021 13:33

Nin de ouro nin de prata, de cartón, pero probablemente son as medallas con maior valor emocional das que recibirán ao longo da súa carreira militar.

María José e Carlos son sarxentos na Brilat. A pandemia mudou o seu traballo e agora exercen de rastrexadores.

A casualidade quixo que os dous fixeran o seguimento dunha familia coa que crearon uns lazos especiais.

E claro que os axudaron. Sentiron tanto o seu apoio que os dous pequenos da familia decidiron condecoralos como os mellores rastrexadores.

Noticias web

17/02/2021