Emotivas felicitacións a pequenos e maiores durante o confinamento
Publicado o 08/04/2020 17:16
Santiago. Non hai ninguén. Só paxaros.
Pero pouco despois das once da mañá comeza o movemento. Todos saben que vai pasar algo. Todos menos un. "Vimos por unha persoa moi especial. Vive só e hoxe cumpre 91 anos, así que aproveitamos que agora ten unha persoa coidándoo para que nos faga de cómplice".
A cómplice dá o sinal... Confesouse emocionado, Jesús, con esta inesperada celebracións que tamén contaxiou os veciños.
A festa trasladouse logo ao edificio de José, que facía 8 anos. Unha iniciativa contra o gris do confinamento.