CRTVG

Buscar

Emotiva despedida en Nigrán aos últimos realoxados da residencia de Aldán

Publicado o 13/06/2020 14:30

Así entre aplausos e moita emoción e bágoas contidas foron despedidos os dez últimos aloxados na residencia de Patos polo persoal que os atendeu estes últimos dous meses. Son persoas como Lupe ou Manuel que pasaron aquí moi bos momentos e case case non se querían ir.

Manuel por exemplo celebrou aquí o seu 92 aniversario o pasado 18 de abril Foron case unhas vacacións aínda que tamén botou de menos aos seus compañeiros de DOMUS Vi Aldán onde xa está a estas horas.

Os dez maiores foron trasladados en tres ambulancias e ata a residencia desprazouse unha furgoneta en que se levou a medicación e os obxectos persoais dos residentes. Todos foron despedidos con aplausos cancións, unha onda e mesmo bicos. A emoción vivíuse desde ambolos lados tanto polos residentes como polos traballadores, tanto e así que algúns traballadores prometeron ir visitar aos internos a Aldán cando a situación sanitaria estea totalmente normalizada.

Noticias web

13/06/2020