CRTVG

Buscar

Emoción entre as autoridades que lle deron o derradeiro adeus a Rubalcaba

Publicado o 11/05/2019 15:28

Pechou hai escasamente media hora a capela ardente de Alfredo Pérez Rubalcaba. Nela puidemos ver esta mañá os Reis eméritos, don Xoánn Carlos e dona Sofía, que, emocionados, transmitían as súas condolencias á viúva. Non se separou tampouco do féretro o presidente do goberno en funcións, Pedro Sánchez. Xunto a varios dos seus ex-ministros e tamén a ex-presidenta do Congreso Ana Pastor... Foi un goteo incesante de autoridades. Algúns tan emocionados como o ex-presidente Felipe Gonzalez ou Alfonso Guerra.

A capela ardente abriu ao público en xeral pouco antes da dez da noite do venres polo que houbo que pospoñer o seu peche ata as once e media para que puidesen pasar todos os cidadáns que agardaban ao redor do Congreso. Moitos acudiron con rosas vermellas, símbolo do PSOE, e chamou a atención a cantidade de persoas novas, entre elas alumnos de Química Orgánica de Alfredo Pérez Rubalcaba na Complutense.

Noticias web

11/05/2019