CRTVG

Buscar

Emilia Pardo Bazán, a escritora transgresora, rebelde e gran defensora do feminismo

Publicado o 12/05/2021 14:16

Novelista, xornalista, crítica literaria, dramaturga, tradutora, pero a definición coa que máis se identificaba era a de feminista. Emilia Pardo Bazán, nacida en 1851 na Coruña, Marineda na súa obra, foi unha precursora da súa epoca, transgresora, rebelde, sempre defendeu a liberdade individual e o dereito á educación das mulleres. Aínda que gran parte da súa carreira literaria a desenvolve en Madrid, Galicia está sempre presente na súa obra.

Publica a primeira novela en 1879, e case unha década despois chegaba a súa obra máis célebre 'Los pazos de Ulloa'. Foi a primeira muller en presidir a sección de literatura do Ateneo de Madrid e a primeira en obter unha cátedra na Universidade Central. Chegou a postularse ata en tres ocasións para ocupar unha cadeira da Real Academia Española, pero sempre se encontrou coa oposición dos intelectuais da época. As súas obras volven reeditarse e recóllense en doce volumes nun proxecto a través da Biblioteca Castro, con motivo do centenario da súa morte.

Noticias web

12/05/2021