CRTVG

Buscar

Emery cre que o Celta "ten a confianza moi alta" e que os xogadores "medraron moito con Coudet"

Publicado o 07/01/2021 18:01

O adestrador do Vilarreal, Unai Emery, sinalou que mañá venres espéralles "un partido moi longo" en Balaídos ante o Celta, rival que considera moi complicado e un bo test para ver como está o seu equipo.

"Esperamos un partido moi longo, con moitos momentos nos que eles se impoñerán xa que están con moita confianza. Eles teñen calidade, posesión de balón e xogadores de bo pé para xogar por dentro ou con velocidade. A clave é que poidamos estar moi concentrados os 90 minutos, é un equipo que nos vai a esixir moito", asegurou.

"O Celta é un equipo que nos vai a poñer ao límite en moitas situacións. Por iso estou ilusionado e expectante para ver como reacciona o equipo a este reto. Se gañamos podemos facer oco cos equipos que queren estar na loita polas prazas europeas".

Cre tamén que o Celta "ten a confianza moi alta e que medraron moito con Coudet".

Noticias web

07/01/2021