CRTVG

Buscar

Emerxen en agosto aldeas anegadas polo encoro de Belesar

Publicado o 27/08/2021 13:31

José acompáñanos moi amablemente ata o vello Ferreiroá, o de sempre, o que conserva a casa que fixo seu pai, o que acubilla a súa nenez e o que está case todo o ano anegado polo encoro de Belesar.

Normalmente non é ata pasado mediados de setembro que pode pasear así, como agora, polo medio das casas vellas. Pero este ano o baleirado da auga adiantouse.

Nesta casa naceu, e con pouco máis de dous anos, a construción do encoro de Belesar arrancouno dela. A el e mailos seus. En poucos días tiveron que recoller a habenza e con 150.000 pesetas de indemnización botáronos dos seus lares.

En Ferreiroá había 17 casas vertebradas polo río Zamolle, ese que vai hoxe tan baixiño. Dous muíños e moito traballo. Que sería desta aldea se non chega a ser polo encoro...

Hai algo, ou moito, de nostalxia nos paseos que adoita dar cada setembro Xosé Luís pola vella aldea. Quixera que non se vise así de seca en agosto, que se faga un uso o máis xusto, racional e ecolóxico das augas que a anegan durante case todo o ano.

Noticias web

27/08/2021