Eloy Jiménez: "Os derbis iguálano todo"
Publicado o 29/11/2019 16:53
E a festa do futbol galego non vai encher o Anxo Carro. Non hai Black Sunday para os afeccionados. O Lugo xoga como local, o Lugo está mellor clasificado que o Deportivo. Pero o adestrador lucense Eloy Jiménez cre que a igualdade presidirá o encontro, malia a distancia que separa a ambos equipos na táboa.