CRTVG

Buscar

Elleson: "Estou emocionado con xogar diante da nosa afección"

Publicado o 22/09/2021 22:18

Cunha vitoria agarda o Obradoiro rematar a estrea desta tempada no Multiusos do Sar. Será o venres, o primeiro partido na casa, ante un rival sempre complicado como é o Joventut. Un dos destacados no encontro de Málaga, Henry Elleson, que anotara 17 puntos e catro rebotes, prefire extraer o positivo da derrota inicial e confía en facer un bo debut diante da súa afección.

"Creo que fixemos un montón de cousas positivas. Houbo momentos no partido en que pensei que estabamos xogando moi ben. Noutros creo que debemos ser máis resistentes. Definitivamente foi unha experiencia para min e tamén para o equipo. Debemos aprender dela e facelo mellor no seguinte encontro. Non podo esperar a xogar diante da nosa afección. Para min vai ser a primeira vez que estea aí, animándonos. Estou emocionado con este venres, desexando que logremos unha gran vitoria".


 

Noticias web

22/09/2021