Eliseo Corral cóntanos o traspaso de Diego López ao R. Madrid
Diego López volve para xogar contra o equipo en que deixou un rego de cartos. Este é o contrato do ano dous mil co que o porteiro abandonaba o C. D. Lugo para fichar polo Madrid.
Eliseo Corral, expresidente do C. D. Lugo: "Traspasámolo por oito millóns de pesetas e cobramos outros vinte e sete máis por xogar no Castela e no primeiro equipo".
Oito e dous dez, máis vinte e cinco, trinta e cinco millóns de pesetas, 210.000 euros de hoxe, que o Lugo recibiu de maneira directa por aquel trapaso grazas ao rendemento do porteiro, primeiro no Castela e logo no primeiro equipo madridista. Mais aquel contrato que xestionou Eliseo Corral aínda foi arrastrando as plusvalías polo dereitos de formación cos pasos do gardaredes por Vilarreal, Sevilla e mesmo Milán. Unha regalía na que o xogador tampouco confiaba en exceso cando marchou á capital.
A traxectoria deportiva de Diego López semella estar no último chanzo. Xoga por vez primeira contra o seu exequipo agora vestido de 'perico', co Español arriba na clasificación e como segundo porteiro menos goleado da categoría.