Eliminada a mugardesa Belén Toimil despois de lanzar 17,38 no seu único lance válido
Publicado o 30/07/2021 13:46

A mugardesa Belén Toimil despídese dos xogos olímpicos na xornada do seu debut. Quedou eliminada despois de errar nos dous primeiros lanzamentos, nos que fixo nulo, e conseguir unha marca de 17 metros e 38 centrímetos no seu único lanzamento válido.
A mellor lanzadora de peso de España quedou no décimo terceiro posto moi lonxe do 18,80 da chinesa Gao, que pechou o cuarto posto de clasificación para as finais.
O podio foi para a bielorrusa Dubitskaya (3ª, 18.89) , a sueca Roos (2ª, 19.01) e a estadounidense Saunders (1ª, 19.22).