Elévase a 45 os mortos nunha avalancha durante unha festividade relixiosa en Israel
Publicado o 30/04/2021 19:59
Elévase a 45 a cifra de mortos na estampida ocorrida a pasada madrugada durante unha festividade relixiosa en Israel. A policía investiga as causas da avalancha no monte Merón de Galilea, ao norte do país. A fiscalía abriu dilixencias por unha posible neglixencia policial na xestión da seguridade do evento. Na festividade, unha das máis piopulares entre os xudeus ortodoxos, xuntáronse 100.000 persoas, a maior concentración popular desde o inicio da pandemia.