Xa son 2.598 as vítimas pola pandemia en Galicia tras o falecemento de tres mulleres
Publicado o 09/09/2021 20:32

A Consellería de Sanidade notificou tres novos falecidos con coronavirus nas últimas horas en Galicia. En total, as vítimas ascenden a 2.598 desde o comezo da pandemia. As tres persoas son mulleres que padecían patoloxías previas e que faleceron o pasado mércores, segundo a información facilitada pola Xunta. Dúas destas mulleres faleceron no Complexo Hospitalario Universitario, de 57 e 81 anos. Mentres, a terceira vítima, de 82 anos, morreu no HULA de Lugo.