CRTVG

Buscar

Elévanse a 485 os casos de covid-19 nas escolas galegas

Publicado o 16/03/2021 13:14
Elévanse a 485 os casos de covid-19 nas escolas galegas

Os casos activos de coronavirus en centros educativos non universitarios de Galicia situáronse este martes nos 485, o que supón un caso máis respecto ao sábado, último día en que se rexistraron datos, informa o Servizo Galego de Saúde.

Ademais, as aulas pechadas temporalmente mantéñense en 23, mentres que hai un centro educativo pechado, o PAI de Tordoia (A Coruña), situado na área sanitaria de Santiago. A área da Coruña e Cee segue sendo a máis afectada e é a que experimenta un maior repunte, con 203 casos activos entre alumnos e profesores e seis aulas en corentena.

A segunda con maior número de casos é a de Vigo, con 74 e cinco aulas pechadas; mentres que Ferrol rexistra 67 e mantén as súas aulas pechadas en cinco. Pontevedra conta con 49 casos activose tres aulas pechadas.

Santiago permanece sen variación no número de casos activos, con 39, e todas as súas aulas en funcionamento; mentres que Lugo ten 31 casos e unha unidade educativa clausurada. Finalmente, Ourense suma 22 positivos entre profesores e alumnos, e segue con tres aulas clausuradas.