CRTVG

Buscar

Elevada incidencia da covid na comarca do Xallas

Publicado o 25/12/2020 15:06

Pouco máis dunha semana levan en vigor as restricións de nivel medio-alto en Santa Comba, pero os datos aínda non acompañan. Foron 93 novos positivos nos últimos 14 días, subindo a incidencia a 965 casos por cada cen mil habitantes. 

En Mazaricos sumaron 51 novos casos nos últimos 14 días, e a incidencia xa supera os mil: serían 1287 casos por cen mil habitantes. Esperan mellorar axiña, porque din que se nota que respectaron as recomendacións para estas festas. "Creo que somos todos conscientes, e que están só os da familia na casa, os que son da casa" comenta un veciño. Outro engade que "non se xunta tanta xente, úsase a máscara, e nos bares hai menos xente tamén"

A hostalería de Mazaricos e Santa Comba pecha ás cinco, poden xuntarse un máximo de 4 persoas e o aforo está limitado ao 30 por cento en interiores e ao 50 por cento fóra.
 

Noticias web

25/12/2020