CRTVG

Buscar

Feijóo di que as eleccións galegas "serán máis pronto que tarde"

Publicado o 17/05/2020 21:22

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nüñez Feijóo, non quixo concretar na súa comparecencia ante a prensa despois da conferencia de presidentes autonómicos, se este luns convocaría eleccións. Esta decisión dependerá da data que se fixe para os próximos comicios, xa que de convocalas maña poderíanse celebrar o 12 de xullo.

Feijóo dixo que sabía cales son as obrigas e os prazos de tempo cos que hai que contar e dixo que informará "no momento que adopte a decisión de convocalas".

O dirixente galego reclama que o Goberno central estableza os criterios obxectivos que teñen que cumprir as autonomías para pasar á fase 2 da desescalada, e pídelle a Pedro Sánchez que peche tamén os criterios para o reparto dos 16.000 millóns prometidos hai tres semanas.

 

Noticias web

17/05/2020