Elaboran en Chantada a primeira manteiga de España con leite de vacas Jersey
Quería demostrar que se podía vivir dignamente da terra e abofé que o fixeron. Coas vacas Jersey como produto diferenciador o tres socios de Airas Moniz comezaron a producir queixos en 2017 con grande éxito. Agora tocaba diversificar e xerar valor engadido e sacaron ao mercado unha manteiga única.
Elaboran de xeito totalmente artesanal só 24 unidades ao día e esta manteiga, que leva por nome Chantada en honor aos seus veciños, voa. Están sobrepasado pola súa alta demanda e mesmo teñen xa lista de espera para este particular lingote comestible que mesmo presentan nun envoltorio biodegradable a base de residuos de herba e labras.
Agora mesmo preparan encargas especiais, como esta torre de Hércules de manteiga, para a reapertura dun dos máis prestixiosos da hoteis da Coruña.