CRTVG

Buscar

O Supremo francés anula a orde de reanudar a alimentación de Lambert

Publicado o 28/06/2019 18:15
O Supremo francés anula a orde de reanudar a alimentación de Lambert

O Tribunal Supremo de Francia anulou este venres a decisión dunha corte de apelación de ordenar que se renovase a alimentación e hidratación artificial do francés Vincent Lambert, hospitalizado en estado vexetativo desde fai máis de dez anos. O caso converteuse no país en símbolo do debate sobre a eutanasia e mantén enfrontada á súa familia, na que os seus pais, ferventes católicos, loitan por mantelo con vida e a súa muller e titora legal tenta que sexa desconectado. A decisión do Supremo, que só se centrou nas competencias xudiciais da Corte de Apelación, chega tras o recurso presentado polo Goberno francés e o hospital de Reims, no que Lambert, antigo enfermeiro de 42 anos, está ingresado. 

Noticias web

28/06/2019