O Supremo deixa claro a Batet que a inhabilitación de Alberto Rodríguez é "obrigada"
O Tribunal Supremo acaba de comunicarlle á presidenta do Congreso, Meritxel Batet que a inhabilitación do deputado de Podemos, Alberto Rodríguez, é de obrigado cumprimento. Batet pedira que o Alto Tribunal aclarase a sentenza.
Non sen certo reproche, o presidente da Sala do Penal do Supremo dixo que a súa función non é asesorar a outros órganos, e que a condena por inhabilitación a Rodríguez se mantén a pesar de que pagase unha multa para substituir a pena de carcere.
Agora a presidenta do Congreso debe executar a sentencia, e deixar sen escano ao que fora secretario de organización, e número tres, de Podemos. Antes de coñecer esta decisión, Pablo Echenique falaba sobre o caso e amosábase crítico co Supremo. Pedía que non volvese facer o ridículo.