CRTVG

Buscar

El Hacen, Jaime Seoane e Bangoura reforzan o Lugo

Publicado o 31/01/2020 23:38
El Hacen, Jaime Seoane e Bangoura reforzan o Lugo

O Club Deportivo Lugo tamén aproveitou o mercado ata a última hora con tres fichaxes que entraron contra o final do venres.

Moctar El Hacen, mediocentro mauritano de 22 anos, chegou procedente do Real Valladolid, onde estaba a xogar no seu filial. Con anterioridade tamén militara no filial do Levante. Trátase dun xogador dunha gran potencia que axudará o Lugo na rotación do centro do campo cun futbolista de corte físico. 

Jaime Seoane acaba de cumplir os 23 anos. É un centrocampista con moita chegada á porta contraria. Completou unha formación moi exitosa no filial do Real Madrid con dúas grandes temporadas no filial branco que lle permitiron asinar no Huesca. A competencia nun dos aspirantes o ascenso fixeron que non tivese moitos minutos e busca con esta cesión ser importante no Lugo.

Lass Bangoura. 27 anos. Xogador de banda que chega cedido polo Raio Vallecano co que debutou con 18 anos. Logo de varias cesións a Granada, Stade de Reims, Almería ou Vancouver tentará demostrar a súa calidade en terras lucenses.