CRTVG

Buscar

El Cigala, en liberdade tras ser acusado de malos tratos continuados pola súa parella: "As mulleres sempre queren diñeiros"

Publicado o 10/06/2021 18:40

En liberdade o cantante flamenco Diego El Cigala logo de que o detiveran por un presunto delito de violencia de xénero. O arresto do Cigala, que non ten antecedentes policiais, produciuse este mércores tras a denuncia da súa parella na localidade gaditana de Xerez da Fronteira. A muller fala de malos tratos continuados no tempo, polo menos os dous últimos anos, tanto físicos como psicolóxicos. Segundo fontes xudiciais concédeselle a liberdade ao non apreciar risco de fuga e que , de haber medidas cautelares, estarían tramitándose no xulgado de Xerez.





 

Noticias web

10/06/2021