CRTVG

Buscar

Efectos do 'brexit': quen non leve o pasaporte non voa ao Reino Unido

Publicado o 01/10/2021 16:16

Endurécense os requisitos para entrar no Reino Unido: o DNI deixa de ter validez e será necesario presentar un pasaporte. Neste primeiro de outubro conclúe o período de transición establecido tras a saída do Reino Unido da UE.

A partir de hoxe, calquera cidadán europeo que queira entrar no país terá que facelo estando en posesión dun pasaporte en vigor. Iso si, para aqueles que viaxe para un período inferior a seis meses non será necesario un visado de entrada. As autoridades argumentan que o pasaporte ofrece un maior nivel de seguridade, xa que os DNI serían máis doados de falsificar.

E neste primeiro día de funcionamento da nova medida podíase comprobar, en lugares como o aeroporto de Santiago, que aínda hai a quen a norma o colleu por sorpresa.

 

 

 

Noticias web

01/10/2021