CRTVG

Buscar

EEUU aceptará máis refuxiados

Publicado o 17/04/2021 00:24
EEUU aceptará máis refuxiados

Joe Biden

A Casa Branca cedeu ás críticas dos demócratas e anunciou que o presidente Joe Biden, elevará antes de mediados de maio a cota anual de refuxiados que recibe EEUU, que agora é de quince mil. O anuncio divúlgase horas despois de que o Goberno de Biden ordenara manter a cota anual para este ano fiscal en quince mil, o mesmo nivel historicamente baixo que marcou o seu predecesor Donald Trump.
A orde de Biden implicaba dar marcha atrás á súa promesa de elevar ata 62.500 os refuxiados que se admitirían este ano fiscal, que remata en setembro. A rectificación gañoulle a Biden múltiples críticas do seu propio partido e de varias organizacións non gobernamentais.