CRTVG

Buscar

Educación recoñece que a incidencia nas escolas galegas foi menor da que agardaban en setembro

Publicado o 19/12/2020 14:55

A transmisión do coronavirus no eido dos colexios galegos de educacción infantil, primaria e secundaria foi moito menor do que podía prognosticarse en setembro. Os datos destos tres meses, de setembro a hoxe, así o reflicten

A Administarción galega non contempla facer ningunha corentena de alumnos despois das vacacións do Nadal. O segundo trimestre comezará en Galicia o venres día 8 de xaneiro, dous días despois da chegada dos Reis. Outras comunidades, como Cataluña, comezarán o luns 11 e outras un día antes que Galicia, o 7 de xaneiro.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade facía estas declaracións durante unha visita ás obras do novo IES de Vilalonga, no lugar do Revel, que contará con 450 prazas educativas para infantil e primaria e que ten previsto abrir as portas para o curso académico 2021-2022.

Noticias web

19/12/2020