CRTVG

Buscar

Educación investiga unha liorta no interior dun instituto de Carballo

Publicado o 16/04/2021 14:12
Educación investiga unha liorta no interior dun instituto de Carballo

A Consellería de Educación investiga unha liorta no interior do instituto Alfredo Brañas de Carballo en que se viron involucradas cinco menores. Supostamente, catro delas estaban acosando e intentaron agredir outra menor. Desde o centro educativo, nada máis saber o acontecido, iniciaron os trámites para proceder á expulsión temporal das catro implicadas. Pero segundo ía pasando o tempo, a situación íase complicando porque as cativas se negaban a abandonar o instituto. Así que, para evitar máis problemas, desde o centro alertaron a Policía Local para que interviñese.

Cando chegaron os axentes, pedíronlles ás mozas que abandonasen o instituto porque sobre elas pesaba unha orde de expulsión temporal por uns feitos que aconteceran minutos antes. Por outra banda, desde a dirección do centro declinaron facer calquera tipo de declaración.

 

Noticias web

16/04/2021