CRTVG

Buscar

Educación elabora un plan para o benestar emocional dos alumnos

Publicado o 17/02/2021 13:10

A Consellería de Educación presenta o plan de benestar emocional para o ensino. O seu obxectivo é dotar os profesores e alumnos de ferramentas que permitan afrontar e asimilar os cambios derivados da crise sanitaria.

O que se busca é potencenciar as competencias sociais impulsando elementos coma a autoestima, a capacidade de buscar axuda ou a intelixencia interpersoal.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, manifestou que hai que desenvolver novas competencias sociais para manexar as circunstancias difíciles que hai na sociedade.

Noticias web

17/02/2021