Educación e Cultura terá o presuposto máis elevado da súa historia, case 2.753 millóns
Publicado o 19/10/2021 16:54
A partida para Educación nos orzamentos da Xunta ascende a 2.753 millóns de euros. Hai novidades: como un plan de linguas e outro de atención á diversidade. Tamén unha nova estratexia pra Formación profesional. Destacouno o conselleiro Román Rodríguez nunha visita ao centro de Formación Profesional de Lugo, a cidade cidade galega que vai concentrar o maior esforzo investidor do seu departamento.
"Non só queremos soster e manter o bo sistema educativo que temos, senón que o queremos mellorar de xeito progresivo en base a unha serie de liñas estratéxicas, a inclusión, a atención á diversidade, a potenciación da Formación Profesional, a dixitalización e o novo plan de arquitectura pedagóxica", salientou o responsable de Educación.