CRTVG

Buscar

Educación asina un acordo cos sindicatos para mellorar as condicións dos traballadores de transporte escolar

Publicado o 03/05/2021 21:01
Educación asina un acordo cos sindicatos para mellorar as condicións dos traballadores de transporte escolar

A Consellería de Educación subscribiu un acordo cos sindicatos para mellorar as condicións dos traballadores do transporte escolar. O texto busca introducir axustes respecto á primeira licitación do novo contrato, proceso que quedara anulado no mes de marzo por mor das queixas de diversos colectivos, en referencia ás condicións de contratación. É o primeiro paso que se dá a partir das alegacións recibidas na Administración.