Eduardo Iglesias finaliza o Dakar no posto 53
Publicado o 15/01/2021 13:55
• O monfortino mellora o 94º posto da pasada edición
O Dakar rematou coas vitorias de Peterhansel en coches e Benavides en Motos. Un Dakar que deixa presenza galega no podio dos que finalizan esta durísima proba
Eduardo Iglesias posaba así de feliz co seu equipo, e coa bandeira galega, logo de finalizar no posto 53 nas motos. Ten mérito o monfortino. É a segunda vez que logra rematar o rally máis duro do mundo. Ademais mellorou 41 postos con respecto ao que fixo o ano pasado