Eduardo Coudet: "Temos que mellorar na intensidade, no xogo e no carácter"
O adestrador arxentino do Celta, Eduardo 'Chacho' Coudet, mostrouse este mércores "preocupado" despois da derrota por 2-1 no campo do Betis, ao afirmar que o seu equipo comete "erros que se cometeron antes", como "as perdas de balón" en zonas sensibles.
"Comezamos ben, pero no ida e volta, que non era necesario para nós porque iamos gañando, remóntannos. De visita non nos poden marcar un tanto con espazos cando a responsabilidade tena o equipo local. Debemos mellorar o xogo, a intensidade e o carácter", recalcou en conferencia de prensa Coudet.
O preparador bonaerense lamentou, ademais da derrota, as "baixas para a semana que vén", xa que non dispón de "un persoal amplo e as dificultades teñen que aparecer", aínda que segue "pensando que a meta é a salvación e que chegue sen o sufrimento dos últimos anos".