CRTVG

Buscar

Eduardo Coudet: "Fixemos un partido serio e contundente"

Publicado o 15/12/2020 11:37

Eduardo Coudet, adestrador do Celta de Vigo, non ocultou a súa enorme satisfacción pola terceira vitoria do seu equipo ante o Cádiz (4-0), nun duelo no que foron "moi contundentes" no primeiro tempo e mostráronse "moi serios" no segundo.

"Fixemos un bo xogo e fomos contundentes no primeiro tempo. Logo na segunda fomos un equipo serio a pesar de ter unha diferenza tan ampla. Pero non podemos afrouxar porque aínda non fixemos nada, agora hai que pensar xa o próximo partido contra o Alavés porque tamén será un rival duro", explicou.

O técnico arxentino deulle moito valor a manter, por segunda xornada consecutiva, a portería a cero: "Os primeiros defensores son a xente de ataque ante a perda de balón, iso axúdanos moito a incomodar ao rival. Para nós é fundamental ter a porta a cero porque temos moita xente de bo pé e bos finalizadores".

 

Noticias web

15/12/2020