CRTVG

Buscar

Eduardo Coudet: "Creo que hoxe o equipo non depende ao 100 % do que faga Iago"

Publicado o 19/02/2021 19:03

• Ferreyra e Solari teñen moitas opcións de ser titulares

O Celta viaxa a Mestalla con vinte futbolistas para o partido correspondente á vixésimo cuarta xornada de Liga, en que se medirá co Valencia mañá sábado (18.30).

Sergio Álvarez, David Juncá e Emre Mor son baixa por lesión, mentres que quedan en Vigo por decisión técnica David Costas e Jorge Sáenz. Alfon e Holsgrove integran tamén a expedición.

A ausencia de Iago Aspas é a máis destacada. Con todo Coudet cre "que hoxe o equipo non depende ao 100 % do que faga Iago"


Tres derrotas e un punto contra o Eibar foi o saldo do Celta durante a recente baixa por lesión de Iago Aspas. Hai dous anos que o Celta non gaña sen Iago. En Mestalla non estará por acumulación de cartóns, unha ausencia clave no xogo e no aspecto mental.

Coudet: "No solo en lo futbolístico. Debeos tratar de que su ausencia se note lo menos posible"

Tampouco estará por sanción Brais Mendez. Ferreyra e Solari apuntan a titulares.

O estado de nervios do Valencia non lle parece un factor a favor do Celta.

Coudet: "Son xogadores que poden acordar en calquera momento"

Coudet quere que o Celta sexa protagonista sen importar as circunstancias do rival ou as baixas propias....tamén en Mestalla.



 

 

 

 

 

Noticias web

19/02/2021