Eduardo Coudet antes do partido co Xetafe: "Este é un deporte de costumes. Gústame que este equipo estea afeito a gañar. Iso leva a unha inercia positiva"
Publicado o 22/12/2020 19:33
Eduardo Coudet fixo un balance positivo do seu primeiro mes como técnico do Celta. "Estou satisfeito co xogo e cos resultados. Un sempre é optimista e temos bos xogadores".
O Celta só gañou unha vez no Coliseum Alfonso Pérez e Aspas nunca marcou no campo do Xetafe. Espera poder seguir co bo xogo e cos resultados: "Este é un deporte de costumes. Gústame que este equipo estea afeito a gañar. Iso leva a unha inercia positiva"
O árbitro será González Fuertes, o Celta nunca gañou co asturiano.