CRTVG

Buscar

Edmundo Bal augura que Ciudadanos será necesario para formar goberno en Madrid

Publicado o 20/03/2021 16:22

O voceiro de Ciudadanos no Congreso, Edmundo Bal, volveu criticar a decisión de Díaz Ayuso, de convocar eleccións malia contar coa palabra do vicepresidente Ignacio Aguado, de que a moción de censura en Madrid era inviable e de que o Goberno se ía manter.

Manifestou que non cre que Ayuso teña maioría absoluta e por tanto que vaia ser capaz de formar goberno sen o apoio de Ciudadanos e volveu insistir en que o seu partido será unha garantía de centralidade, de moderación e de sentido común.

Noticias web

20/03/2021