CRTVG

Buscar

Dúbidas na rúa sobre o que ocorrerá coas reunións no día de Reis

Publicado o 04/12/2020 14:21

Cantos se poden xuntar para a cea de Reis? É unha das dúbidas na rúa. Son 10 persoas en Noiteboa, Nadal, Noitevella e Aninovo, pero non están especificados os días 5 e 6 de xaneiro.

Na rúa apelan ao sentido común e os expertos piden pudencia. O comité de expertos galegos recomenda dúas unidades familiares como máximo.

Outra das dúbidas para esas datas é que se considera un "achegado". Cada quen aplícao como sabe, pero a maioría aposta por ser restritivos nas reunións.

O Goberno si recomenda evitar actos con aglomeracións e aposta por cabalgatas de Reis estáticas, como a que organiza o Concello de Vigo, onde son as familias as que se despracen mantendo as distancias.

Outros municipios, como Santiago, optan por recepcións dos Reis Magos con cita previa.

Noticias web

04/12/2020