CRTVG

Buscar

É galega a receita de polbo á feira? Para Correos, non

Publicado o 05/08/2021 16:03

Tres días antes da celebración da popular Festa do Polbo no Carballiño, Correos abre o debate. Acaba de lanzar un selo coa foto da receita do polbo á feira, pero nun texto engadido sitúa a súa orixe en terras leonesas. Dende O Carballiño, historiadores e xente da rúa teñen claro que a receita máis famosa da nosa gastronomía naceu na súa comarca.

O selo de correos non ten dúbida. Foto do polbo á feira. A polémica vén pola información que engade. Sitúa a orixe da receita entre os arrieiros maragatos, de León, que comerciaban co aceite e co pemento e acudían ás feiras, pero expertos no tema rexéitano.

E no Carballiño, tres días antes da popularísima Festa do Polbo, teñen claro que a receita naceu na súa comarca.

En todo caso, máis alá do debate, o selo de correos o que fai é homenaxear o prato emblema da nosa gastronomía. Para os amantes da filatelia, xa está á venda e ten un valor postal de 4,15 euros.

Noticias web

05/08/2021