Dzanan Musa, primeiro MVP da temporada
Publicado o 20/09/2021 21:12
Espectacular comezo do Río Breogán no seu retorno á ACB. É a primeira vez que un equipo que acaba de ascender lidera a clasificación dende hai 23 anos. Vitoria contundente, por 19 puntos de diferenza, ante o poderoso Tenerife e cunha figura que destacou sobre as demais, o bosníaco Musa Dzanan, declarado xogador máis valioso da xornada. Actuación portentosa no Pazo dos Deportes, 25 puntos, 4/4 en triplas, 7 rebotes. 35 de valoración.
Moi boas sensacións as que deixou o cadro de Paco Olmos, que o xoves visita a cancha do Burgos.