CRTVG

Buscar

Durante o día de hoxe administraranse 29.000 vacinas en Galicia

Publicado o 29/04/2021 15:11

O Sergas prevé que todos os maiores de 70 anos teñan posta polo menos unha dose da vacina esta semana. Para iso continúan as vacinacións nos hospitais, centros de saúde, en domicilios e tamén en grandes recintos. Está previsto hoxe vacinar 29.000 galegos con Pfizer e AstraZeneca.

Un dos lugares onde se está a desenvolver esa vacinación masiva é en Ourense. Hoxe están convocadas para recibir a súa dose da vacina dúas mil persoas, están 10 equipos traballando en horario de mañá e de tarde.

Moitos nervios, pero tamén moita felicidade dos que saen xa coa vacina posta. A incorporación destes espazos preparados para acoller gran número de persoas acurta ese camiño cara á inmunidade.