CRTVG

Buscar

Durante o 2018 diagnosticáronse en Galicia 80 casos novos de cáncro infantil

Publicado o 15/02/2019 17:30

Cando unha nena ou un neno superan un cancro infantil, as secuelas poden durar anos, por iso as asociacións de pacientes e a profesión médico sanitaria insisten na necesidade dun protocolo de seguimento para estes superviventes. É a demanda neste 15 de febreiro, Día Internacional do Cancro Infantil.


Durante o 2018 diagnosticáronse en Galicia 80 casos novos. De neno Borja foi un deses pacientes oncolóxicos, agora é un supervivente.

Ese é o lema deste ano, un seguimento máis aló do establecido. Porque sobrevivir a un cancro supón tamén facer fronte, anos despois, a posibles secuelas, provocadas pola doenza ou polos tratamentos.

Cada ano diagnostícanse en España arredor de 1.500 novos casos de cancro infantil, na maior parte, leucemias agudas.




 

Noticias web

15/02/2019