Duplícase a contratación de seguros de viaxe debido á covid
Publicado o 09/08/2021 16:31
En España hai ganas de viaxar e preocupación por facelo con todo ben atado ante posibles imprevistos. Iso reflíctese na contratación dos seguros.
A pandemia supuxo un antes e un despois á hora de viaxar.
Tamén para viaxar por España incrementaron os seguros ante posibles cancelacións debido á covid. A contratación multiplicouse por dez.
O temor ao contaxio ou a ter facer unha corentena noutro país tamén é unha das maiores preocupacións.
Segundo as aseguradoras, o prezo é accesible.
Algúns países exixen o seguro como requisito de entrada. En todo caso, no estranxeiro ou no noso país a meirande parte dos españois elixen viaxar cos costas ben cubertas.