Ducias de voos cancelados nos tres aeroportos galegos
AEROPORTOS GALICIA
Voos cancelados e moi pouca xente, ese era o panorama que se podía ver á primeira hora da mañá nos tres aeroportos galegos.
Un dos poucos voos que se mantiña operativo en Santiago era o de Frankfurt, e os que chegaban desde alí aseguraban que o avión viña case medio baleiro.
A única ringleira que se puido ver esta mañá na Lavacolla era para embarcar rumbo á cidade alemá. Algúns eran peregrinos aos que o estado de alarma sorprendeu en Santiago.
...e outros, galegos que pasaban aquí uns días de vacacións.
Insólita era tamén a situación desta mañá tanto en Peinador como en Alvedro.
Son ducias de voos os que tamén se cancelaron nos aeroportos de Vigo e da Coruña.
Aena recoñece que o tráfico aéreo se vén reducindo desde hai varias semanas, pero que nestes últimos días caeu drasticamente.
O estado de alarma podería provocar a cancelación de máis da metade dos voos.